Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Día das Artes Galegas 2019: Luís Seoane | Obradoiro infantil sobre o Laboratorio de Formas

6 de Abril / 17:30 h.

€3

O Día das Artes Galegas está dedicado en 2019 a Luís Seoane. Con este motivo, propoñémosvos para a tarde do sábado 6 de abril un obradoiro para a cativada no que afondar na figura deste artista multidisciplinar que explorou o camiño da arte desde numerosas perspectivas (pintura, literatura, deseño gráfico ou gravado), pero que sobre todo foi un grande impulsor da cultura galega.

Así, a obra plástica de Luís Seoane, marcada por unha intensa cor e formas rotundas, será o pretexto para traballar conceptos básicos da arte cos pequenos e pequenas artistas participantes neste obradoiro. A través dos principios que marcou no icónico Laboratorio de Formas, mergullarémonos no universo Seoane para coñecer como manexa o cromatismo e a xeometría nas súas composicións e entender como evolucionou a súa obra desde o máis figurativo ata a abstracción dos planos de cor e a autonomía das liñas.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter