Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Día da Poesía | Obradoiro ‘Poemas de chocolate’

10 de Marzo / 17:00 h.

Gratis

Unha actividade moi gozosa para conmemorar o Día da poesía. Neste obradoiro imos saborear a dozura da poesía, collerlle o gusto, explorala, captar o seu ritmo e tentar comprender o seu saber ó tempo que degustamos o sabor dos diferentes chocolates cos que compaxinan os distintos poemas:

  • Poemas sólidos: chocolate amargo
  • Poemas frescos: chocolate de menta
  • Poemas inocentes: galletas de chocolate
  • Poemas mestizos: chocolate con leite
  • E moitos máis que estarán na axenda da BdG https://bibliotecadegalicia.xunta.gal/gl no mes de marzo

Malia que haberá un poema para cada categoría, os asistentes poden achegar o seu poema preferido e casalo co chocolate correspondente.

Público: familiar ( Idade de 7 a 13 anos)

Horario: de 17:00 a 19:00 h

Duración: 120 minutos

Prazas: 30

Observacións: Aínda cando non tomes azucre, glute ou graxas atoparás un chocolate para ti

 

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
10 de Marzo
Hora:
17:00 h.
Coste:
Gratis
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/dia-da-poesia-obradoiro-poemas-de-chocolate

Lugar

Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15707 Spain
+ Google Map
Teléfono:
+34 881997565
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/