Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Día da Danza

29 Abril de 2017 / 18:00 h.

€3

A Cidade da Cultura celebra un ano máis o Día da Danza cun obradoiro familiar no que descubrir os bailes tradicionais.

Seguindo as indicacións de Mercedes Prieto, descubriremos e aprenderemos os pasos dos xogos e bailes de roda como a Carrasquiña, o Chotis de Vilaxoán ou o Gharutiño. E ademais, farémoslle unha chiscadela ao calendario, introducíndonos nas danzas dos maios. Todo acompañado coa música ao vivo de Serxio Cobos, que interpretará diferentes sons co acordeón, a gaita e percusións.

MERCEDES PRIETO. Desde o 2013 é alumna do programa de doutoramento en Ciencias da Educación da Universidade de Évora (Portugal).  Autora de tres publicacións de danza: Zampadanzas da editorial Do Cumio, Na punta do pé de Pesdelán, editada por Kalandraka e Entroidanzas que é autoedición de Pesdelán. Foi bailarina en proxectos de danza como GS21, Bruma e Pesdelán.

SERXIO COBOS. Especializado en música e danza tradicional Galega a través da formación na escola de folcklore “Cantigas e Agarimos” e en traballo de campo e recollidas Etnocoreográficas etnomusicolóxicas desde o ano 1989. Adícase a danza tradicional en todas as súas vertentes como creador e intérprete sendo coreógrafo, bailarín, músico e director musical.

Entrada: 3€. Á venda no Museo Centro Gaiás, ataquilla.com (+gastos de xestión) e puntos físicos de Ataquilla. Billeteira (o día do evento): 4€. Sen posibilidade de acceder a descontos nin promocións.

Entrada reducida: 2,40. Club Gaiás, Xubilados, Desempregados, Discapacitados, Familias Numerosas, carné da USC, e carné xoven. Só á venda no Museo Centro Gaiás, teléfono de Ataquilla 902 504 500 e puntos físicos de Ataquilla.

Promocións:

  • Pack Familiar (paga tres entradas, leva catro): 9€.
  • Pack 3×2 (paga dúas entradas, leva 3): 6€.

Só á venda no Museo Centro Gaiás, teléfono de Ataquilla 902 504 500 e puntos físicos de Ataquilla.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
29 Abril de 2017
Hora:
18:00 h.
Coste:
€3
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/dia-da-danza

Lugar

Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15707 Spain
+ Google Map
Teléfono:
+34 881997565
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/

Outro

Idade
Nenos (4-12 anos), Rapaces (13-17 anos), Adultos