Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

De Lugares e Órganos: Obradoiro infantil

13 Abril de 2017 / 16:30 h.

Gratis

Actividade que amosa, de xeito sinxelo, que é un órgano, como funciona e a terminoloxía básica usada neste instrumento, para logo construír un pequeno tubo de órgano de madeira e iniciarse así no apaixonante e descoñecido mundo da organería. Inclúe unha visita guiada por un órgano e as súas partes e diferentes xogos de discriminación auditiva, que teñan como protagonista este impoñente instrumento. Ademáis, no decurso do obradoiro farase un contacontos inspirado no rei dos instrumentos a través do que se fornezan os coñecementos, conceptos e destrezas adquiridas durante a xornada.

Lugar: Igrexa da Compañía (Universidade)LocalizaciónPraza da Universidade, Santiago de Compostela, 15703
Data de inicio13/04/2017

Horario

Grupo 1, de 12.00 h a 14.00 h

Grupo 2, de 16.30 h a 18.30 h

Capacidade máxima: 15 persoas por obradoiro. Para nenas e nenos a partir de 6 anos e ata 12.

De baldeOs eventos son todos gratuítos previa retirada de invitación no despacho de billetes do Teatro Principal (martes a sábado + días dos eventos, de 18.00-21.00 h). De non esgotarse, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar de celebración da mesma desde 1 hora antes do seu comezo. As invitacións serán válidas ata 10 minutos antes do inicio da actividade. A partir dese momento, a organización resérvase o dereito a empregar as localidades non ocupadas.

No momento da retirada das invitacións para o Obradoiro de organería para crianzas, solicitarase o nome do neno ou nena, así como un teléfono de contacto dun adulto.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
13 Abril de 2017
Hora:
16:30 h.
Coste:
Gratis
Sitio web:
http://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/de-lugares-y-rganos-taller-infantil

Lugar

Igrexa da Compañía (Universidade)
Praza da Universidade s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15703 Spain
+ Google Map

Outro

Idade
Nenos (4-12 anos)