Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

A danza da faba máxica

28 Decembro de 2016 / 11:00 h. - 13:00 h.

Obradoiro infantil de danza.

Neste taller de movemento os nenos e nenas experimentan a través do seu corpo as sensacións que desprenden a natureza e a arte. Poden sentirse auga, vento, terra, sol… Traballan a escoita activa, a presenza e a ausencia, a pesadez e a lixeireza, a verticalidade e a horizontalidade, o tacto e o contacto, o intercambio de roles, a cor, a palabra e a poesía. Deixarase que o corpo fale creando unha peza escénica coa obra de Eva Lootz e de Berta Cáccamo como marco.

Idade: 4-6 anos/ Horario: 11:00-13:00 h/ Prazas: 15

A inscrición nos talleres é gratuíta. As solicitudes deberán enviarse antes do día 26 de decembro a través do correo electrónico a cgac.educacion@xunta.es. As persoas interesadas deberán indicar os seguintes datos: nome completo e idade dos nenos e/ou nenas participantes, número de teléfono, enderezo de correo electrónico e nome do taller no que desexan participar.

Poderase inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude.

Os asistentes deberán traer roupa de abrigo e de choiva ou paraugas para poder saír ao exterior.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
28 Decembro de 2016
Hora:
11:00 h. - 13:00 h.
Sitio web:
http://www.cultura.gal/gl/evento/27918/21/31499

Lugar

Centro Galego de Arte Contemporáneo
Rúa Valle Inclán, 2
Santiago de Compostela, A Coruña 15703 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 546 619
Sitio web:
http://cgac.xunta.gal/