Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Construíndo Minimundos: Mundos Imaxinarios en Miniatura

28 Outubro de 2017 / 12:00 h. - 14:00 h.

€20

Construindo minimundos.

Unha actividade de xogo para nenas e nenos de entre 3 e 6 anos.
Materiais naturais, xoguetes e materiais de refugallo coidadosamente seleccionados e clasificados, dispostos para o disfrute de tod@s os que vos acheguedes a participar.

Benefícios do xogo:
O xogo de construción propón a combinación de elementos para conseguir formas diferentes que reunidas se convirten nun todo. A precisión, a atención e a paciencia, a capacidade de orientación e organización espacial así como o desenvolvemento da creatividade son algúns dos beneficios deste tipo de xogos.
Xuntando, engadindo, montando, desmontando… estimúlase a experimentación ao tempo que se descubre a capacidade de imaxinar e superar retos.

Normas do xogo:
– Coidarémonos entre todos e non nos faremos mal
– Coidaremos o material
– Coidaremos as construcións dos outros e non as danaremos
– *s adult*s intentaremos non ocupar moito espazo, así o xogo compartido, *s nen*s e as súas creacións serán *s protagonistas
– Deixaremos a un lado os teléfonos, tamén as conversas entre adultos. isto permitiranos estar máis presentes
– Cando soe a campá intentaremos unir as construcións para facer unha construción conxunta. Só o intentaremos. Hoxe e aquí nada é obrigación
– Volveremos facer soar as campás cando quede 15 inutos para rematar o xogo. así poderemos irnos despedindo das creacións e desmontándoas pouco a pouco.
– Haberá persoas facendo fotos que se empregarán para difundir o evento e promocionar o xogo libre. Se alguén non está de acordo é importante que no-lo comuniquedes.

Se queredes vir xogar con nós é imprescindible que formalicedes a inscrición a través de info@gaiadosnenos.com
Custo: 20 euros/nen@ (+acompañante)

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Lugar

Gaia dos Nenos
Santiago de Guayaquil nº6
Santiago de Compostela, A Coruña 15702 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981817914
Sitio web:
www.gaiadosnenos.com