Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Concerto da REAL FILHARMONIA DE GALICIA para nenos e familias a favor de Autismo Galicia

20 Outubro de 2017 / 18:30 h.

€5

A Real Filharmonía de Galicia celebra o 20 de outubro un novo concerto dentro do proxecto RFG Solidaria, centrado na colaboración con varias ONGs galegas e da cidade que loitan pola defensa da infancia. Este concerto familiar estará dedicado a visibilizar o traballo que realiza a Federación Autismo Galicia.

A cita, que forma parte do ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!, comezará ás 18:30 horas no Auditorio de Galicia. Este ciclo busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. As entradas custan 5 euros e cada menor de 14 anos recibirá dúas gratuítas se vai acompañado de dous adultos.

Baixo a batuta de Paul Daniel, os músicos tocarán parte da Música acuática de Haendel e a a Sinfonía nº 7 de Beethoven.

O traballo da Federación Autismo Galicia

A Federación Autismo Galicia aglutina a doce entidades de toda a comunidade que prestan servizos integrais e específicos a persoas con Trastornos do Espectro do Autismo e ás súas familias. Traballan para mellorar a súa calidade de vida e defender os seus dereitos, con especial incidencia no tempo de lecer, a formación, o emprego con apoio e a sensibilización social.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
20 Outubro de 2017
Hora:
18:30 h.
Coste:
€5
Tipo de Evento:
Sitio web:
http://www.rfgalicia.org/gl/novas/concerto-para-nenos-e-familias-favor-de-autismo-galicia-20-outubro-1830-h

Lugar

Auditorio de Galicia
Av. do Burgo das Nacións, s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 552 290
Sitio web:
http://www.auditoriodegalicia.org/