Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

COAS MIÑAS MANS de Pablo Díaz

16 de Setembro / 18:30 h.

Pablo Díaz leva xa 4 traballos discográficos dedicados ao público infantil. Durante os case dez de carreira leva percorridas moitas escolas infantís, de primaria, ademais dos concertos habituais por diferentes localidades galegas.

Nesta andaina percatouse da importancia que para as nenas e nenos ten toda a xestualización manual e facial, e por este motivo, partindo das mans como

estratexia comunicativa, xorde este traballo. Empregamos as mans para comunicarnos, para escribir, debuxar, pintar, contar, sentir, etc. É a partir dos 3 anos cando dun xeito máis ou menos consciente, as cativas e cativos empezan a adquirir este tipo de destrezas e habilidades. De aí cancións como: “As mans”, “Os números”, “As vogais”, “Figuriñas de

papel”, “As cores”, “Os 5 sentidos”…
Ademais destes temas, trátanse tamén outros máis lúdicos para eles como a primavera, os xogos, as mascotas e ata a festa popular do San Froilán.

A duración do concerto é de 55 minutos aproximadamente co obxectivo de que as familias gocen e axudan a cantar e xesticular.

Duración:
55 MIN
Información da billeteira:

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.
Os bonos familiares só se venden na billeteira do Teatro Principal e o día do evento no Auditorio de Galicia 1,5 horas antes do comezo.

Teléfono: 981 542 349

Funcións:
Domingo, 16 de Setembro de 2018 18:30
CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
16 de Setembro
Hora:
18:30 h.
Sitio web:
https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/coas-mi%C3%B1-mans

Lugar

Auditorio de Galicia
Av. do Burgo das Nacións, s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 552 290
Sitio web:
http://www.auditoriodegalicia.org/