Cargando Eventos

« Volver ao calendario

CIRCO NO ATO / ‘A salto alto’

30 de Xuño / 18:00 h.

XOVES 30 / 18H / Praza Roxa
Neste espectáculo abórdase o mal da época: xógase coa posibilidade de que a vida sexa máis xogo e menos destino, camiños, medios, riscos… A Salto Alto – Entre xentilezas e exterminios é o terceiro espectáculo do Circo no Ato, resultado dun proceso de creación dun ano entre a Central do Circ en Barcelona, no Circo Crescer e Viver, e na Escola Nacional de Circo. Coa dirección de Roberto Magro, o espectáculo profana a clásica historia da Cincenta, mestura fantasía e sátira e cuestiona a busca desenfreada de bens materiais.
Sete persoas sen nada no peto, pero con bagaxes cargadas de liberdade, represión, valores, colonización e transgresión, ao ter acceso a outra maneira de vivir íspense das súas
experiencias para vivir esoutra realidade. Pero a profundidade delas miesmas permanece, e nesa tensión, entre o ambiente formal e exquisito ao que non pertencen e a irreverencia
de quen ten que reinventar e resignificar a vida a cada pouco, sitúase a trama. Profánanse os arquetipos da fábula da Cincenta: fada madriña. madrasta, #medio irmán, príncipe, baile,
badaladas de media noite, zapato de cristal… Para representar o consumismo desenfreado desta sociedade e as súas consecuencias, as representacións frívolas das mulleres como
obxecto, mais tamén toda a súa independencia e forza.
CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Lugar

Praza Roxa
Praza Roxa
Santiago de Compostela, A Coruña Spain
+ Google Map