Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Cidade Imaxinaria Primavera 2019

27 de Abril / 16:00 h.

Chega a primavera e con ela regresa a fantasía de Cidade Imaxinaria!! Nesta estación na que todo volve agromar, na Cidade da Cultura emerxen mundos soñados, personaxes incribles, máxicas historias e formas imposibles.

O 27 de abril agardámosvos a partir das 16 horas con espectáculos, música, enxeñosas coreografías, xogos, obradoiros… E por suposto —nunha cita que chega tan só uns días despois da celebración do Día Internacional de Circo— a xa tradicional escola de circo da Cidade Imaxinaria, onde descubrir o acróbata, malabarista ou equilibrista que todo neno e nena leva dentro.

E como non, cunha animada zona de descanso con postos de bebidas e petiscos variados, onde repor forzas entre tanta festa rachada. Vinde compartir connosco esta tarde de sábado ao aire libre e en familia na que a maxia e a diversión encherán o Gaiás contaxiando a  pequenos e pequenas, e tamén aos e ás que nunca deixan de selo.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter