Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Celebración do Día do usuario e usuaria das bibliotecas

11 de Xaneiro / 12:00 h.

Con motivo do Día do usuario e usuaria das bibliotecas, convidamos ás lectoras e lectores a participar nas actividades conmemorativas previstas:

• Nomeamento de Socios/as de Honra, que recaerá nos tres usuarios/as infantís e nos tres adultos/as con máis préstamos durante o ano 2017. Ao longo do 2018 estes “superlectores” poderán retirar en préstamo un maior número de obras:

– Socio/a de Honra Adulto: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publicacións periódicas prestables.

– Socio/a de Honra Infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de Socio/a de Honra terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do usuario e usuaria o 11 de xaneiro de 2019.

• Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o Día do usuario e usuaria para todos os lectores e lectoras que se acheguen á Biblioteca Pública de Santiago a celebrar esta conmemoración.

– Adultos/as: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publicacións periódicas prestables.

– Público infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

Todos/as os usuarios e usuarias poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrabibliotecario.

• Visita guiada ás 12.00h aberta a todo o público que desexe coñecer os servizos, espazos e coleccións que ofrece a Biblioteca Pública de Santiago

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
11 de Xaneiro
Hora:
12:00 h.
Sitio web:
https://www.facebook.com/events/178189899582793/

Lugar

Biblioteca pública de Santiago Ánxel Casal
Avda. de Xoán XXIII s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 Spain
+ Google Map
Teléfono:
881 999 401
Sitio web:
https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl