Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

CARAPUCHIÑA VERMELLA.O MUSICAL

27 de Outubro / 17:00 h.

€9

Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da avoa para que lle leve unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce.

Polo camiño atopará amigos, aventuras con árbores bailarinas, cancións… e  incluso un lobo que fará das súas para intentar papala.

A historia está narrada por Plácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir, traballará arreo para mecanografar o conto máis bonito do mundo enteiro: Carapuchiña Vermella.

Sobre nós

EducaTeatro Producións® está formado por un grupo de profesionais das artes escénicas e musicais co asesoramento de mestres e pedagogos de contrastada experiencia no eido da educación. A música, a palabra e a diversión son os piares dos nosos traballos, especializados no teatro infantil e xuvenil, cos que queremos fomentar a educación en valores e presentar, dun xeito lúdico, a aprendizaxe das materias do currículo escolar.

Tralo éxito obtido co noso primeiro traballo, ‘Os tres porquiños. Unha obra musical con bonecos a tamaño real’, volvemos percorrer Galicia  renovando os contos clásicos, desta volta co musical de ‘Carapuchiña Vermella’.

+ INFO en www.educateatro.com e www.facebook.com/educateatro

Información de interese

Duración: 50 minutos + fotos ao final cos personaxes

Idades: Recomendado a partir de 2 anos

Idioma: Galego

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Lugar

Auditorio Colexio La Salle
Praza de San Xoán Bautista De La Salle, 1
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 58 46 11