Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Cancións por regalos 2017

3 Xaneiro de 2017 / 17:00 h. - 19:00 h.

o regalo que ti elixas

Trae un regalo, goza da música e fai feliz a un nen@. Da man de Ernie Producciones, volve ao Gaiás o festival solidario Cancións por Regalos, co que @s miúd@s poderán achegarse á mellor música do momento xunto aos seus pais a cambio dunha entrada simbólica. Unha iniciativa redonda na que todos gañan, xa que mentres ti levas para casa unhas cantas cancións para o recordo, aqueles que máis o necesiten terán unha sorpresa o Día de Reis: o regalo que ti elixas como entrada.

O cartel deste ano contará coa actuación de Chumi Chuma, un proxecto musical para toda a familia insólito ata o momento. Formado por Alberto Rodrigo, alias “Chumi”, músico zaragozano que formou parte de grupos como Tulsa ou Ringo e que tocou en bandas como Russian Red e Fuel Fandango; e por Chuma, un monstro doutra dimensión que apareceu por sorpresa no escenario do concerto de fin de xira de Vetusta Morla no Barclaycard Center de Madrid. Ao Gaiás chegarán co seu primeiro disco ¡¡Baila sin parar!!, unha colección de once cancións que gustan tanto a nenos como adultos.

Cancións por Regalos contará tamén coa banda galega Igloo, grupo que se desmarca dos estándares indies conxugando a contundencia dunhas guitarras afiladas coa transmisión de emocións e sensacións eléctricas. Indie-rock en estado puro que chegará ao Gaiás para facer un repaso pola súa discografía, con versións, temas en acústicos e mesturas de temas coñecidos, seguindo a liña do seu último disco:  Igløø2 (Ernie, 2015).

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
3 Xaneiro de 2017
Hora:
17:00 h. - 19:00 h.
Coste:
o regalo que ti elixas
Tipo de Evento:
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/cancions-por-regalos-2017

Lugar

Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15707 Spain
Teléfono:
+34 881997565
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/