Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Cabalgata de Reis

5 Xaneiro de 2017 / 17:30 h.

Gratis

Con saída da estación do ferrocarril, a Cabalgata de Reis fará un percorri- do polas rúas da cidade ata chegar á praza do Obradoiro. O desfile levará por lema “A ruta dos desexos”, e nel poderemos ver distintos motivos que representarán a alegría, o amor, a ilusión ou a maxia.

A Cabalgata estará formada por sete carrozas: as tres dos Reis Magos, a do Carteiro Real e tres de temática infantil centradas na natureza, na danza e na película Aladín. A comitiva real será recibida na Praza do Obradoiro pola Banda Municipal de Música, alí os Reis Magos darán o seu discurso e a continuación recibirán a todos os nenos e nenas no Pazo de Raxoi. A xornada péchase cun espectáculo de circo aéreo e audiovisual na praza do Obradoiro.

PROGRAMA

– 17.35 h. Chegada en tren dos Reis Magos á estación do ferrocarril, onde serán recibidos polo carteiro real e pola Banda de Cornetas e Tambores de Santiago.
– 18.00 h. Inicio da Cabalgata, co seguinte percorrido: Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, praza de Galicia, Senra, Porta Faxeira, rúa do Vilar, Xelmírez, praza das Praterías e praza do Obradoiro.
– 19.15 h. Chegada á Praza do Obradoiro e recepción por parte do alcalde e a Corporación municipal. A continuación, entrega dos premios do III Concurso de Cartas de Reis por parte dos Reis Magos.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
5 Xaneiro de 2017
Hora:
17:30 h.
Coste:
Gratis
Tipo de Evento:
Sitio web:
http://santiagodecompostela.gal/medi/Baners/PROGRAMACION_NADAL2016.pdf

Lugar

Diversos lugares
Santiago de Compostela,