Cargando Eventos

« Volver ao calendario

Buscando a estrela de Nadal

3 Xaneiro de 2019 / 12:00 h.

Espectáculo onde os nosos personaxes están preocupados porque parece que o espírito de Nadal perdeuse. É por iso que emprenderán unha divertida aventura que lles fará percorrer dende as xeadas terras do Polo Norte ata as áridas areas do deserto.

Ao longo desta aventura, coñecerán personaxes tan sigulares coma os axudantes de Papá Noel, ou os amables paxes dos Reis Magos desdubrindo, deste xeito, por que a xente xa non ten ilusión; e é que a estrela que debe guiar aos Reis Magos perdeuse, así que a súa misión deberá ser agora atopala, xa que así renacerá de novo nas persoas o espírito de Nadal.

A través deste divertido espectáculo, os nosos protagonistas realizarán, coa axuda do público, unha chea de experimentos cos que ademáis de pasar un rato moi divertido, aprenderán conceptos coma os dunha reacción química, elementos hidrófugos, raios UVA…

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
3 Xaneiro de 2019
Hora:
12:00 h.
Sitio web:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/buscando-estrela-de-nadal

Lugar

Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15707 Spain
Teléfono:
+34 881997565
Sitio web:
http://www.cidadedacultura.gal/