Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Banda Municipal de Música e a Orquestra de Malabares

20 de Setembro / 19:30 h.

A proposta escénica versa sobre as aventuras que lles acontecen a dúas compañías de artistas (malabaristas e músicos) ao chegar ao momento de actuación perante o público.Conta coa actuación conxunta da Banda Municipal de Música e un grupo de 6 malabaristas-actores-bailaríns.

A banda interpretará diferentes composicións musicais, que serán acompañadas polas actuacións de malabares. A medida que a Banda Municipal interpreta as diferentes pezas, os malabaristas realizarán diferentes coreografías de malabares, os cales se compaxinarán co ritmo e harmonía da música. Un proxecto singular e único que une o mundo do circo e a música.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Lugar

Praza da Quintana
Praza da Quintana
Santiago de Compostela, A Coruña 15705 Spain
+ Google Map