Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

Baile de entroido co rock da Gramola Gominola

4 de Marzo / 17:30 h.

€3

A Cidade da Cultura de Galicia convida os e as seareiras do Entroido a disfrazarse de roqueiras e roqueiros e gozar dun baile especial coa música en directo da banda infantil A Gramola Gominola

A estética do rock’n’roll, coas súas cazadoras de coiro, pantalóns axustados, chatolas ou topetes, convértese desta volta no tema do baile que a Cidade da Cultura organiza polo entroido desde fai catro anos e que, en edicións anteriores, se lles ten dedicado ás xentes do mar, á cultura chinesa ou aos diferentes xeitos de celebrar estas festas ao longo do mundo. 

A música correrá a cargo da Gramola Gominola, unha banda de música infantil en galego integrado por Paula Romero (voz), Ro Muñoz (batería), Anxelo de Xermar (baixo) e Paco Cerdeira (guitarra e voz). As guitarras, baixo e batería deste grupo farán gozar do rock en galego a toda a cativada que se achegue ao Museo Centro Gaiás. “Somos un grupo de música infantil, en galego, pensado para as máis pequenas e pequenos da casa. Pero non un grupo máis, non o de sempre, somo unha banda de rock”, preséntanse os membros desta banda, convencidos de que non hai idades nin barreira para gozar da música.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter