
AS AVENTURAS DE MAMÁ CABRA. Contos que saen dos libros
3 Abril de 2017 / 18:00 h.
GratisAs aventuras de Mamá Cabra. Contos que saen dos libros
Espectáculo musical baseado nos contos
Gloria Mosquera leva máis de quince anos creando cancións coas que gozar, aprender e cantar coa música do grupo Mamá Cabra, e coas que encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons que darán vida a historias máxicas.
Nesta ocasión par Ler conta moito e na compañía de Iago Rodriguez, ás teclas e percusións, levaranos polas creacións deste grupo, coñecido por pequen@s e maiores.
Nenos e nenas: de 2 a 10 anos