Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR

29 Outubro de 2017 / 19:00 h.

Gratis

“A Nena Que Quería Navegar” é o novo espectáculo familiar de Redrum Teatro

A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida.
Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.

“A Nena Que Quería Navegar” é un espéctaculo familiar recomendado para rapaces e rapazas entre seis e doce anos. Nel tratamos o tema do acoso escolar, tamén coñecido co termo anglosaxón “bullying”.

          A Nena é unha rapaza sen nome que farta de insultos, empurróns e illamento social, foxe da escola para non volver nunca máis. Traballar coa idea do reforzo positivo é unha das claves para previr o acoso escolar. Só un rapaz forte e cunha alta autoestima é quen de facer fronte ao acoso. Queremos que os nosos pequenos espectadores saian fortalecidos despois de asistir á representación de “A Nena que Quería Navegar” e teñan ferramentas para previlo.

          Este é un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que mesturamos varias disciplinas artísticas como o teatro de monicreques, o de obxectos, as proxeccións e a música en directo. 

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
29 Outubro de 2017
Hora:
19:00 h.
Coste:
Gratis
Sitio web:
http://redrumteatro.wixsite.com/anena

Lugar

Casa da Cultura de Lousame
Lousame, A Coruña Spain + Google Map