Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

4 Xuño de 2017 / 12:00 h.

€6

Nesta ocasión as dúas personaxes prepáranse para vivir unha chea de aventuras coas que continuarán a descubrir o mundo cos seus segredos, e o seu propio mundo interior.

As aventuras inciden directamente en temáticas xa esbozadas na entrega anterior: a solidaridade, o respecto cara a natureza, a identidade, o desenrolo do universo afectivo e a curiosidade por todo o que nos rodea .

As personaxes irán vivindo singulares aventuras nas que se achegarán ao mundo dende a perspectiva mesma dos nenos e nenas, sinxela e xenerosa.

Nesta nova entrega as historias collen unha dimensión mais importante, pero tamén mais próxima á narrativa, sendo nas letras das cancións onde se mantén a intención mais poética.

Se coa edición pretendemos estimular a curiosidade e a creatividade dos nenos e nenas deixándolles un lugar propio no libro onde podan expresarse, no directo as cancións e a interpretación das personaxes protagonistas, a nena e o grilo, abrirán as portas para que poidan crear o seu propio universo e achegar as historias dende a súa perspectiva persoal.

Con todo, non nos resta mais que desexar: Boa viaxe!

Niños a partir de 2 años pagan su ticket.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
4 Xuño de 2017
Hora:
12:00 h.
Coste:
€6
Sitio web:
https://entradas.abanca.com/TKET212/Index/13158/1/1

Lugar

Teatro Principal
Rúa Nova 21
Santiago de Compostela, A Coruña 15705 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 54 23 49
Sitio web:
https://www.facebook.com/pages/Teatro-Principal-de-Santiago-de-Compostela/162350387153773

Outro

Idade
Bebés, Nenos (4-12 anos), Rapaces (13-17 anos), Adultos