Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

A FESTA

1 de Xuño

No Teatro Principal:

11:30h: SESIÓN DE MICROESPECTÁCULOS

PÉREZ & FERNÁNDEZ / ‘A tortoise, un can, two monsters e un picnic’
Unha sesión de contacontos bilingüe inglés-galego interpretada polos actores Manu Fernández e Victoria Pérez. Un picnic sen comida pero con obxectos que cobrarán vida para axudar ó entendemento das narracións, sinxelas pero cargadas de intención e valores como a empatía, a solidariedade, a fidelidade e o amor.
SERVANDO BARREIRO/ ‘Os c@ntos do Bardo Abelardo’
Grazas á música, o bardo Abelardo conseguiu traducir á linguaxe dos humanos os sentimentos dos seres que habitan no fondo das fragas, dos rios e dos mares. Asi coñeceremos a historia de un paxaro que descobre que nas pólas das árbores aniña a palabra paz, de un carballo que naceu na bota de un soldado, de un trasno que anda a deixar lixo polo bosque ou da xacia luviñas, a muller peixe que habita no rio miño. Como a sua cabeza está chea de paxaros, voa de vila en vila e de cidade en cidade contando e cantando contos e historias ás nenas e nenos para que cuiden da palabra PAZ.
YOLANDA CASTAÑO / ‘Contacontos en verso’
Un lúdico e expresivo contacontos en verso para nenos e nenas baseado nas obras de Yolanda Castaño dirixidas a
público infantil. Divirtámonos coas súas rimas!
Yolanda Castaño é poeta, filóloga, videocreadora e unha activa e premiada dinamizadora cultural que dirixe
obradoiros literarios, obradoiros internacionais de tradución poética, festivais e ciclos mensuais de poesía sempre con autores/as galegos/as e internacionais. Premio Nacional da Crítica 1999, Premio Espiral Maior 2007, Premio Ojo Crítico 2009, Premio Fundación Novacaixagalicia, Premio Irmandade do Libro “Autora do Ano” 2014 e Finalista do Premio Nacional de Poesía, Yolanda ten publicados 6 poemarios individuais ademais de participar en múltiples antoloxías.
INACIO VILARIÑO / ‘Rodari Rodari’
No tranvía Leonardo, Moncho, o encargado do fogón, fálanos do desastroso tranvía a vapor que facía o percorrido dePontevedra a Marín: Que se era lento, que se era sucio, que se era estreito e descarrilaba… todo eran críticas a un tranVía do que se escribiron tantas páxinas que todas xuntas poderían encher unha biblioteca. Cancións e historias deste tranvía sen esquecer o famoso día en que o premio nóbel Don Jose Echegaray subiu nel.
Ás 13:00h : LYDIA BOTANA / ‘De aquí para alá’
Lydia Botana leva toda a vida na música: pedagoga da linguaxe e educación musical, neste seu proxecto persoal pon voz, guitarra, piano e acordeón. Foi parte do conxunto poético-punk-rap Labregos do tempo dos Sputniks, como batería e acordeonista, e produce espectáculos didáctico-musicais para nenos como De aquí para alá (libro-disco con Edicións do Cumio) co cal através de historias e música viaxaremos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar, e cos instrumentos típicos de cada país. A ritmo de bossa-nova, rapa, son cubano, reggae, ska…, faremos unha viaxe arredor do mundo na que pasaremos polo Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos ou Galicia, entre outros lugares máxicos.. Pasou por festivais coma o Busker’s Festival Barcelona, Foundation Reggae Festival, Reperkusión, Castañazo Rock, Brin-
cadeira… E colabora con La Pegatina, Xurxo Souto, Gogol Bordello, Manu Chao… Actualmente está a presentar o seu primeiro disco LP, Vuelo (Kasba Music, 2017), cunha xira pola Península, Italia, e máis alá, chegando ao Xapón, e para o 2018 estará de novo dispoñible para contratación.
17:00h: SESIÓN DE MICROESPECTÁCULOS
ANXO MOURE / ‘Cóntame un cine’
Diante do absoluto descoñencemento por parte da infancia da historia do cine e da súa vinculación ao coidado da terra, facemos unha proposta lúdico-pedagóxica baseada nunha viaxe a través da historia do cinema vinculando especial ao cinema ambientalistas e ao cinema galego.
O obxectivo é sensibilizar e divertir, mergullar no apaixoante mundo do cine a través dunha viaxe na historia na que as nenas e nenos viaxan nas locomotoras de Buster Keaton e dos Irmanas Lumiere, nos cabaliños dos indios, nas cartas de Mamasunción… (homenaxe a muller no cine)
XAROPE TULÚ / ‘A miña primeira viaxe’
Esta peza conta a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno ou nena viaxa dentro da súa cápsula por un
universo descoñecido. Non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o TUM-TUM dos motores.
Unha actriz conta e canta un relato de procura da propia identidade mentres un músico dialoga coa linguaxe onírica do propio relato.
SALETA FERNÁNDEZ / ‘Pan con chocolate’
Eva é a rapaza protagonista desta historia. Unha marabillosa aventura xurdida do maxín de María Victoria Moreno. Un conto no que se amosan as cousas tal e como son, sen filtros, a través da mirada sincera dunha nena.
FANI TRIANA / ‘Ilusionista’
Fani Triana achéganos unha viaxe fabulosa a través dos sentidos: obxectos que cobran vida, papeis e moito máis, xeran a trama dun acto cheo de gags visuais, diálogos apegados ó sorriso e prestidixitacións sorprendentes. Aderezado todo cun guión cargado de situacións inesperadas, orixínase unha montaña de sorpresas imprevisibles, nun espectáculo para ollar e degustar.
Ás 18:30h:CHARO PITA / ‘No país do vento’
No País do Vento, nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns.
Moitos son os personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou a explorar o País do vento; noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas; unha familia de papaventos que é feliz buscando países imaxinarios que visitar; un corazón que viaxa nunha cáscara de noz; unha xirafa que quería ser araña e unha araña que quería ser xirafa; o Pato Simón; unhas pitas refuxiadas, un reloxo que no canto de dar horas, dá risa …
E así, con moitas ganas de bailar e de gozar, vaise esgallando aos pouquiños este espectácu
CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter