Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

A CASA DO TERROR

31 de Agosto / 18:00 h.

Xoán Curiel e a Banda Son d2 estarán no Milladoiro co seu espectáculo musical A casa do terror. Esta actuación, que combina cancións, coreografías, elementos teatrais e de clown e moita interacción co público, terá lugar o próximo venres, 31 de agosto, ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. O espectáculo chega ao Milladoiro no marco do programa FalaRedes 2018, da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo promover o uso e a valoración do galego nos concellos que pertencen á Rede de Dinamización Lingüística, como é o caso de Ames.

A casa do terror xira en torno a un grupo de amigos que se ve obrigado a pasar a noite nunha casa encantada, situación que dará pé a unha serie de divertidas e arrepiantes aventuras nas que se porán en valor tanto a amizade como a superación dos medos. Estas andanzas estarán marcadas por unha serie de orixinais personaxes, que farán posible que o medo sexa enfocado dende un punto de vista divertido.

O espectáculo, dirixido a un público infantil, desenvolverase na Casa da Cultura do Milladoiro o próximo venres, 31 de agosto, ás 18.00 horas. A entrada é de balde, pero haberá que facer a reserva de convites a través da Billeteira virtual do concello de Ames.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Detalles

Data:
31 de Agosto
Hora:
18:00 h.
Sitio web:
http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=16831&idioma=gl&sec=32

Lugar

Casa da Cultura do Milladoiro
Travesía do Porto s/n. Milladoiro
Ames, A Coruña 15895 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 535 942
Sitio web:
http://www.concellodeames.gal/areas_cultura_centros.php?idioma=es