Cargando Eventos

« Volver ao calendario

  • Este evento xa pasou.

A alfombra máxica

27 de Outubro / 18:30 h.

O sábado 27 de outubro na Biblioteca dos Tilos teremos unha actividade para bebés. “A alfombra máxica” é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde a artista plástica convida aos máis pequenos e pequenas a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear…Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo. Monicreques, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e pequenas por un mundo de emocións e sensacións.

Pensado para bebé (0 a 3 anos) haberá dúas sesións: a primeira ás 17:30 horas e a segunda ás 18:30 horas. Para participar é preciso inscrición previa no Departamento de Cultura (teléfono 981 815 700).

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter