ALLEGRO.T: música para medrar, expresar e sentir . . . onde a motivación o é todo

ALLEGRO.T: música para medrar, expresar e sentir . . . onde a motivación o é todo

 

A Escola de Música Allegro.T, ten nova escola en Santiago! Está en pleno Ensanche compostelán, onde o parque de Ramírez, na Rúa Rodríguez Carracido, 11 Un lugar céntrico, peatonal, e con acceso doado tamén en coche, para que suban e baixen @s miúd@s.

 

Esta escola recén chegada a Compostela, ten unha experiencia de máis de 20 anos nos outros centros da contorna compostelá: en Os Tilos e no Milladoiro.

Saben da importancia dunha ensinanza musical responsable e de calidade. Empregan programas propios cunha metodoloxía moi coidada, dirixida a desenvolver o máximo potencial musical do alumnado. É unha metodoloxía activa e progresiva e o material empregado (froito de máis de 20 anos de experiencia), organízase en base a dous factores esenciais na Escola de Música Allegro.T: aprendizaxe significativa (os sucesivos contidos relaciónanse entre si) e motivación.

As persoas que forman Allegro.T teñen unha ampla experiencia e contínua formación pedagóxica, e no equipo directivo temos a Mercedes Nogueira Rodríguez, M. Leticia Falcón González e Verónica Louzao Lamas.

A educación musical debe chegar a todas as idades e por iso ofertan programas musicais dende o nacemento ata a etapa adulta (sen límite de idade):

  • ESTIMULACIÓN MUSICAL TEMPERÁ (0 a 3 anos): prentende achegar aos miúd@s ó mundo da música a través dunha pedagoxía de aprendizaxe natural (como a lingua materna), para o que deben medrar co maior número de experiencias musicais, cuns obxectivos moi estudados para que sexa unha aprendizaxe sen esforzo, progresiva e natual onde o proceso de interiorización dos sons e do ritmo sexan parte do seu crecemento e evolución como persoas. As familias acompañan ao alumnado, compartindo a experiencia e medrando xuntos. A música a estas idades beneficia o desenvolvemento da linguaxe, a psicomotricidade, a atención, a intelixencia emocional, a imaxinación e a creatividade.

 

  • FORMACIÓN BÁSICA MUSICAL (4 a 7 anos): potenciando ao máximo as cualidades musicais, realizan un desenvolvemento integral de: concentración, psicomotricidade, oído interno, memoria rítmica e melódica, afinación, creatividade e improvisación. Nesta idade é posible comezar coa práctica dun instrumento unha vez que o/a neno/a teña adquirido certa formación e madurez, cunha metodoloxía activa e progresiva.

 

  • LINGUAXE MUSICAL, INSTRUMENTO e AGRUPACIÓN INSTRUMENTAL E CORO (a partir de 8 anos):
    • Linguaxe musical que se imparte en clases grupais cun número de alumnado reducido, cunha pedagoxía que permite acadar clases amenas e divertidas, traballando os diferentes aspectos da música a través da lectura de partituras e o estudo dos conceptos teórico-prácticos da comprensión da linguaxe musical. Trabállase a lectura con cancións actuais e a teoría con xogos e exemplos prácticos. Esta base tan importante se transmite ao instrumento escollido, acadando un avance óptimo na aprendizaxe cunha maior motivación e polo tanto mellores resultados.
    • Instrumento con clases individualizadas, traballando con 2 ou 3 alumnos/as co seu propio instrumento. O profesorado vai guiando ao alumnado deseñando unha clase personalizada segundo as necesidades e calidades musicais.
    • Agrupación Instrumental e Coro que consiste na  agrupación de diferentes instrumentos onde o alumnado que prepare as partituras do repertorio pode participar. A práctica grupal contribúe a mellorar o traballo en equipo, o compromiso, aprender a escoitar e colaborar nun proxecto maior común.

 

  • PROGRAMA ESPECÍFICO PARA PERSOAS ADULTAS: nunca é tarde para aprender !

 

  • PROGRAMAS PROPIOS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS: co obxectivo xeral de posibilitar a expresión emocional, o contacto, a relaxación e a comunicación a través da experiencia da aprendizaxe sonoro-musical.

 

  • PREPARACIÓN DE PROBAS DE ACCESO AO CONSERVATORIO

 

 

Achégate a coñecer esta escola de música, porque é ben seguro que vas a atopar o que andas buscando, e agora, no centro de Santiago de Compostela!

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Etiquetas:
,
Sen comentarios

Publicar un comentario