“100% burbujas” en Compostela. 100% Burbujas en Vigo. O maior espectáculo de auga e xabrón para desfrutar en familia.

“100% burbujas” en Compostela. 100% Burbujas en Vigo. O maior espectáculo de auga e xabrón para desfrutar en familia.

Non sei que teñen as burbullas…que non podemos parar de miralas, a que si? Pois o 3 de marzo ás 19:30h no Auditorio Abanca (Preguntoiro) está en Compostela o espectáculo “100% BURBUJAS“. Podes mercar as entradas aquí.

“100% BURBUJAS” conta a historia dun mestre da arte das pompas de xabrón, que ten a misión de ir viaxando polo mundo para mostrar a todas as persoas este sorprendente universo das membranas xabronosas.

David Vega da compañía BUBBLE FACTORY é o protagonista deste espectáculo teatral sobre a efímera arte das pompas de xabrón, con figuras incríbles de tamaños abraiantes. Con humor, sendo un espectáculo para todos os públicos, as súas verbas chegan ao corazón como o fan as pompas de xabrón.

O profesor irá contando cousas ben interesantes sobre as pompas dende nocións científicas con moita pedagoxía ata momentos poéticos irrepetibles onde transporta ás persoas que asisten ao espectáculo ao mundo dos sonos.

Pompas xigantescas máis grandes que unha persoa, outras máis pequenas que rebotan como se fosen de goma, contrucións inverosímiis de pompas sobre pompas. Usando aire, auga, lume, fume, vapor de auga, helio, así como unha infinidade de artiluxios para fabricar unha gran multitude de figuras distintas.

Prestade atención ao Facebook da Compostela Miúda, porque teremos sorteo de entradas!!!

 

 

 

 

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Sen comentarios

Publicar un comentario