A CASA DO ROCK en Compostela

A CASA DO ROCK en Compostela

Cando penso en clases de música penso en notas, pentagramas, teoría… e recordo á profe de música de cando era pequena movendo a man no aire e acórdome da falta de sentido que lle vía a todo aquilo…eu o que quería era tocar a guitarra…e toda aquela historia que se me facía taaaaan aburridaaaa!

Aprendín a tocar a guitarra sen saber música, e logo aprendín. Seguín o camiño inverso ao tradicional naquel momento.

A música para min é alegría, é sentimento, paixón…a música é incríble!!! É vida, é cultura. Non podo entender a vida sen música. Se enganchamos aos miúd@s por aí, polo disfrute musical, escoitar e facer música, fomentando que eles realicen eses descubrimentos, poderemos chegar a que a “teoría” da música a vexan como necesaria e xa non tan aburrida. E este é o xeito de traballar que teñen en A Casa do Rock, e iso gústame.

A súa filosofía principal é que se pode aprender sen deixar de disfrutar da música. Dispoñen dunha escola de música moderna especializada en música rock, un estudio de gravación, selo discográfico, unha formación de profesorado para concertos didácticos e tamén organizan eventos musicais.

Están en Compostela, na Avenida de Rosalía de Castro, 33 (antes do cruce entre Avenida da Coruña e Montero Ríos) e ademáis son o primeiro centro oficial RockSchool en Santiago, ofrecendo así unha titulación homologada a nivel europeo para completar os estudos musicais.

Teñen clases para todas as persoas: de idades e intereses moi diferentes, cunha equipa de 15 profesores/as.

Para miúd@s de 3 a 6 anos teñen dúas clases: INICIACIÓN Á MÚSICA e INICIACIÓN AOS RITMOS. Respectar as quendas, o material musical e ás persoas (profesorado e compañeiros/as) é un obxectivo máis, ademáis dos outros musicais:

  • INICIACIÓN Á MÚSICA: coa que se potencia a capacidade de escoita dunha peza musical, a discriminación de estilos musicais e culturas do mundo, o recoñecemento do son de obxectos, animais e instrumentos. Se capacita aos miúd@s para a escoita natural dun patrón musical, para comprender a duración dos sons para a súa futura utilización. Introdúcese aos nenos/as na lectura rítmica inicial , no recoñecemento de valores e figuras musicais para a posta en práctica no instrumento. Trabállase a escoita activa, termos e notas musicais, instrumentos musicais, calidades da música: duración, intensidade, altura e timbre; músicas do mundo e estilos musicais: rock, clásica, heavy metal, punk e blues.
  • INICIACIÓN AOS RITMOS: ten como obxectivos coñecer a batería e establecer os primeiros contactos coa mesma, capacitar aos miúd@s para a escoita natural dun patrón musical, comprender a duración dos sons para a súa futura utilización, introducir ao alumnado na lectura rítmica inicial, recoñecer valores e figuras musicais para a posta en práctica no instrumento, potenciar o uso e traballar a ergonomía coa baqueta, distinguir as diferentes partes da batería e potenciar os elementos e as calidades da música. Trabállanse: termos e notas musicais, instrumentos musicais, batería: partes que a componen, calidades da música: duración, intensidade, altura e timbre.

Teñen grupos de 30 minutos e de 60 minutos, xa que dependo das idades d@s miúd@s e do grupo, a duración das clases adecúase ao seu nivel de atención e interese, e hai clases todos os días da semana: luns, martes, mércores, xoves, venres e sábados (pola mañán).

Bótalle un ollo e inscríbe aos teus miúd@s!!! Seguro que non vos arrepentides!

E ainda que agora mesmo para o verán ainda falta, que saibades que teñen CAMPAMENTO DE VERÁN para miúd@s de 4 a 6 anos, de 7 a 10 anos, e para máis de 10 anos; de luns a venres de 9:00 a 14:00h.

 

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Sen comentarios

Publicar un comentario