#MisionConciliacion

#MisionConciliacion

Falaba con Helen do tema da conciliación, a raíz de que as compañeiras de “Madres si, guerreras también” propuxeran :”Una quedada en Twitter para llevar al mayor número de personas las dificultades actuales por culpa de la actual NO CONCILIACIÓN, con la intención de sumarnos los días 1 y 2 de Septiembre a las 22h con el hashtag #MisionConciliacion con la motivación de conseguir ser Trending Topic para asegurarnos de cubrir la idea de estar en boca de un mayor número de personas para así poder crear una conciencia social de que las cosas en esta materia deben cambiar y sumar cada vez un mayor número de apoyos dentro y fuera de la política para intentar conseguir los cambios deseados”.

A raíz de usar o hashtag #NaisLoitando xorde o debate, xa que para min, un dos problemas da conciliación é que se vexa como algo “de mulleres”, no que as afectadas e as que teñen que buscar solución son as mulleres. A conciliación da vida laboral e persoal é cousa de TODAS AS PERSOAS!!! #FamiliasLoitando. Sería atopar o equilibrio entre o traballo e a vida, de xeito que estes dous continuos se integraran e as persoas se realizaran no traballo e na vida, que as dúas esferas formasen parte dun todo. Falar de traballo…é un mundo!!! Estamos na 4ª revolución industrial. As formas, os porqués, os comos e os candos do traballo cambian.

Falar de conciliación é falar de HORARIOS. Non se pode conciliar cun horario laboral de 10:00h a 22:00h, así que a conciliación pasa inexorablemente por unha racionalización dos horarios. De todos os horarios, de todas as persoas. O tempo é o que é…e moitas veces vivimos para traballar, e non traballamos para vivir. O tema dos horarios, dos tempos da cidade é cousa de TODAS AS PERSOAS! Non ter tempo para un, para a parella, para as persoas importantes nas nosas vidas, é un problema que nos incumbe a todas as persoas.

Despois xa, se falamos de como concilian as familias, falamos de como se integran na ecuación VIDA-TRABALLO máis elementos: parella, fillos, pais, nais, avós…sendo xa a conciliación un tema de cómo facemos todo iso, canto tempo e como traballamos, como coidamos da familia e de nos. E aquí xa…é cousa de encaixe de bolillos! Se xa era dificil traballar e vivir no persoal, cantos mais elementos se incardinen mais complexo resulta o proceso.

A conciliación…é un gran debate!!! que para min implica varios elementos, cómo e cando traballamos, a importancia das persoas nos procesos, do persoal, do familiar, do social, do comunitario. Outro elemento son os horarios, o cánto e cómo traballamos, e os horarios d@s miúd@s, os horarios da vida.

Se tivesemos claro que o importante son as persoas…penso que xa estaría o tema resolto! pero seica non é tan doado. Respecto polas persoas e polos seus tempos, polos seus procesos, pola súa evolución. Un permiso de maternidade de 16 semanas (que veñen a ser menos de 5 meses), non é respectuoso cun bebé que precisa 6 meses de lactancia materna exclusiva, non é respectuoso coa súa nai, co seu pai, coa súa familia nin ca sociedade, ca comunidade na que se cría. Un permiso de paternidade no mellor dos casos de 1 mes, non é respectuoso co bebé que precisa ao seu pai, os seus coidados, os coidados que o pai brinda á nai, á parella, á familia. Non é respectuoso privar aos pais dos seus fillos. Qué papel queremos que teñan os pais na familia? Uns horarios laborais que privan aos miúdos dos seus pais, non son respectuosos coas familias.

E así chegamos a #MisionConciliacion, cando conciliar, é dicir, harmonizar os elementos da vida das persoas, se convirte nunha “misión”.

 

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Sen comentarios

Publicar un comentario