My two hands – A different way of looking at the world – un xeito diferente de ollalo mundo

My two hands – A different way of looking at the world – un xeito diferente de ollalo mundo

My two hands non so é un Centro Preescolar para nen@s de 2 a 6 anos nin so un sitio onde se pode aprender inglés (pola mañá no centro preescolar de 2 a 6 anos) e pola tarde para tódalas idades, tamén ofrece servicio de campamento nas datas nas que outros centros pechan (nadal, entroido, semana santa, verán e algunha que outra ponte) e moitas cousas máis. Falamos cas 3 mulleres que manteñen My two hands en movemento.

Que mellor maneira de coñecer un sitio, coñecendo as quen “son” ese sitio. Falamos con Lyndsay, María Xosé e Nicole para coñecer a historia de cada unha e que aporta ao todo que é My two hands:

Lyndsay é de Iowa e veu a Santiago a estudar un Master da súa universidade e explorar outra cultura. Ao final quedou aquí como nos pasa a algún@ estranxeir@… Ela traballa con nen@s dende que ten 14 anos e non é a única das 3 pezas básicas de My two hands que recoñeceu a súa vocación tan cedo. A ela o seu traballo dálle a vida e di que é unha alegría inmensa ver crecer ás crianzas, conectar con elas e ser parte do seu mundo. Estar en My two hands é un proceso de aprendizaxe e crecemento constante tanto para ela (como nai e profesora) como por suposto para elas. Outra razón pola que Nicole e máis Lyndsay decidiron crear My two hands cando o anterior centro no mesmo sitio chamado Trasnos pechou, é que ela quería algo así cando tivo os seus fillos, pero daquela non había. Quería un lugar onde houbera comunicación cos pais, onde se puidera crear comunidade e un sitio seguro, onde @s MIÚD@S foran aceptados, respectados e non xulgados. Ela viviu moitas veces que hai sitios nos que che venden unha cousa e logo é outra totalmente distinta ou onde por exemplo os xoguetes non están da man d@s nen@s. No centro situado preto do medio do paseo das Brañas do Sar, do Parque Eugenio Granell na zona do Corte Inglés non é así. Para iso traballan elas cada día.

Pedagoxías en My two hands.
Lyndsay foi a unha escola Montessori ou sexa que coñece unha das pedagoxías, que agora mesmo non so está en auxe en Santiago, dende pequena. E o método Montessori atópase en My two hands aínda que non é unicamente Montessori co que se traballa. Unha das razóns é porque o ven falto do elemento fantástico (porque ten un enfoque máis científico) e a elas en My two hands lles encantan os contos como se pode ver xa ao entrar. Tamén podemos atopar actividades sacadas de Waldorf. Hai de todo un pouco. O máis importante é o respecto e que @s MIÚD@S teñan autonomía e poidan crecer así. Despois destas premisas básicas cada unha delas fai o que “lle sae de dentro”, porque que as profesoras traballen contentas é moi importante para que @s nen@s o estean tamén.

A entrada de My two hands.

Aprenden un@s doutr@s tanto no preescolar de mañá como na academia (non tradicional) da tarde.
Non hai grupos segundas idades en My two hands, nin no centro preescolar nin na academia pola tarde (dentro duns baremos lóxicos). É importante que as crianzas aprendan as unhas das outras e tamén que se aprenda xogando. Todo se fai a través do xogo e o feito de falar inglés sae de maneira natural cando @s MIÚD@S o decidan, sen esforzo, naturalmente e no momento xusto. A academia tamén está aberta para adultos xa con clases máis convencionais, pero eu elixiría My 2 hands tamén neste caso… as clases con xogos son moito máis divertidas e seguro que algo de xogo haberá tamén para @s adult@s.

E o futuro de My two hands?
Están moi contentas ca resposta da xente ao seu traballo en estes dous anos que ten My two hands. Din que non queren crecer tanto en número porque para elas a comunidade e a conexión entre a xente é básica.

Para comezar a entrevista con María Xosé dígolle que penso que ela é o corazón do preescolar ao que ela resposta cun “non” rotundo. “O corazón son @s MIÚD@S e nos un bo equipo no que se entenden e respectan os que traballan.”

“Tenche que gustar o teu traballo e a min  gústame. Foi o proceso que fun vivindo porque me aporta e enriquece.”
Que María Xosé comezara a traballar con nen@s foi casual, como moitas cousas boas da vida. E tamén ela emprende ese camiño dende moi nova (aos 15 anos) como auxiliar en actividades do concello e logo xa como voluntaria nunha asociación con ludoteca polas tardes e fins de semana. Logo fixo un curso de puericultura e un ciclo e comezou a traballar nunha escola infantil. Leva xa 10 anos entre as paredes que primeiro se chamaron Trasnos e agora My two hands. Di que son como a súa segunda casa. E María Xosé segue estudando para cada vez saber máis sobre o seu traballo. Pensamos que iso é importante. Hai que ter presente que nunca acabamos de aprender.
Coma todas en My two hands, María Xosé non fai uso dunha pedagoxía concreta. Ela vai collendo do que lle gusta, pero sempre dende o respecto. Di que @s nen@s lle dan moito e que son @s primeir@s que che ensinan.

E fora xogamos con auga no verán.

A receita de éxito para unha acompañante de MIÚD@S é o crecemento persoal?
Para María Xosé o segredo está en medrar xunto con el@s, ver o que demandan e responder. Unha gran axuda é recordar todo o que che gustaba e o que non che gustaba do que che decían ou facían cando ti eras nen@ e aplicalo como nai, pai ou mestr@.  Cando veñen estudiantes en practicas, sempre lles di iso e que non fagan diferencias entre quen das crianzas lles cae mellor ou peor e con esas dúas premisas di que @s nen@s están a salvo!

A crianza con respeto.
Ninguen fai dano querendo @s súas/seus protexid@s e ninguén é libre de reproducir algo feo que viviu na propia infancia. Iso pasa por andar sempre con presas e a correr e moitas veces por descoñecemento. María Xosé fala de que a crianza con respeto debería estar en todas partes pero onde onde máis nas aulas dos centros públicos. Tamén fala de que moitas veces o problema reside en que a política se mete nos programas e desgraciadamente tamén está nas demandas que teñen nais e pais aos centros. Moitas veces por exemplo desexan que @s súas/seus fill@s aprendan cousas demasiado pronto. Pero os procesos naturais hai que respectalos se non queremos crear persoas cheas de complexos e medos. Algo así viviuno moi cerca cando unha vez fixo unhas practicas nun centro escolar onde había nen@s de 3 anos sentados durante moito tempo en pupitres. E iso era por consecuencia do que lles esixían os pais das criaturas.

Alí está a pequena horta. Que xirasol máis xeitoso.

Ao falar con Nicole aclaramos un pouco máis o traballo na academia da tarde. Ela fai fincapé en que non é unha academia tradicional. Me di que ata as 19 horas se extende o espazo para infantil e que despois se atende a alumn@s de primaria, adolescentes e adult@s, pero a metodoloxía segue a ser a mesma que pola mañá. Non lles gustan os libros de texto e as fichas. Apréndese a través de experiencias como pola mañá onde se lle da aínda un chisco máis de atención á independencia e autonomía que pola tarde que máis ben pertence ao inglés.

Todo isto xa o intuía pero que máis diferencia My two hands dunha “academia tradicional”?
Non hai aulas pechadas, as crianzas poden estar fora ou dentro e así se da a base para ensinar de maneira natural. Facemos todo para que @s nen@s aprendan inglés como se fora a súa propia lingua materna. Tampouco o enfocan do xeito de: “Hoxe toca transportes entón aprendemos este vocabulario determinado. Sempre é a través de xogos e de usalos contidos en contextos para que @s MIÚD@S experimenten o porqué do uso destas palabras. Cos conceptos gramaticais pasa o mesmo. Apréndense xogando e cando fagan falla, non dende o principio. Primeiro familiarízanse cos sons e logo ca lectura porque o inglés lese diferente que o castelán. Que @s nen@s gocen aprendendo é o máis importante. Na maneira tradicional de traballar sentad@s e con fichas, as actividades moitas veces non significaron nada para eles e se esquecen. Para aprender algo e que nos quede gravado ten que haber sempre unha emoción, un significado de por medio. Tamén buscamos que haxa unha boa relación entre profesora e alumn@ porque está demostrado que así se aprende máis.

Con estes gusanos de seda compartiron espazo unha temporada. Que simbólica a súa metamorfose.

As pedagoxías.
Xa sabemos que My two hands non segue unha pedagoxía concreta. Ten a súa propia composta polo que escollen coidadosamente de cada casa. Saben o que está e estivo de moda e teñen coñecemento de todas para adaptalas ao seu día a día. Gústalles investigar diferentes modos de aprender e ensinar. E se o que aprenden lles parece beneficioso o proban no grupo e se funciona continúan e se ven que co grupo ou cunha crianza non funciona non insisten. Parécelles básico ademáis ter a oportunidade que se da nos cursos aos que acoden, de estar en contacto con outros profesionais e debater sobre os diferentes xeitos de facer.

Os campamentos de My two hands están moi ben visitados. Cal será a súa crave de éxito?
Nicole pensa  que as instalacións son importantes. Por dentro é todo moi aberto, a penas hai portas e iso xunto ao espazo exterior, ao que saen sempre que poden, dálles unha sensación de liberdade. Tamén que o centro sexa manexable, porque hai poucos nenos nenos, fain@s sentirse segur@s. Sempre se lles segue os ritmos, propóñenselles e ofrécenselles cousas sen obriga a participar e se lles brinda axuda no que necesiten. Saben as habilidades que teñen e coñecen as crianzas. As observan moito para seguir as intereses e ritmos. Tamén é importante a razón da estancia d@ nen@ no campamento. Pode ser por conciliación ou por inglés, se é por conciliación quizais precise máis cariño para atoparse ben día a día. Tratan de ofrecer todo e son sempre as mesmas caras, xa que non cambian monitores. Ofrecen actividades e ocio pero tamén fan que @s MIÚD@S se sintan a gusto.

Moitos contos…

Como ve Nicole o futuro de My two hands?
Está de acordo con Lyndsay en que My two hands evolucionou máis rápido do que pensaban e conta que son peculiares na forma de pensar porque non son grandes fans da publicidade e prefiren un crecemento máis lento pero máis seguro. Di que o boca a boca é a mellor publicidade que hai e que a xente lles vaia vendo e coñecendo por si mesma. Prefiren gastar os cartos nos rapaces que en estratexias de marketing.  E moito máis satisfactorio cando ven unha crianza nova e ven porque alguén lles falou de nos. Móvense en círculos que lles gustan e crean comunidade, onde a xente ten a mesma forma de pensar. Queren primar a calidade ante a masa porque a educación non é unha cousa ca que se pode xogar. Traballan por vocación e queren distinguirse por todo isto. A educación dos rapaces é o máis importante e iso non se pode sacrificar por nada.

A actividade final de curso do 2017 foi visitar os burros en Ames. Miúd@s, nais, pais e profesoras pasárono en grande!

 

Para máis información visita My two hands e/ou o artigo sobre o preescolar de My two hands aquí na Compostela MIÚDA.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Sen comentarios

Publicar un comentario