8 de marzo e queda TODO por facer

8 de marzo e queda TODO por facer

8 de marzo, día da muller traballadora e unha sensación agridoce me invade. Escríbese moito sobre este día pero non suficiente. Eu non son experta e quizais (e coma sempre) non aportarei nada novo, pero por suposto que non vou deixar de escribir.

Quería recordar, para que o lembremos para o ano que ven, que hoxe, como ben dixo unha nai na nosa tribo MIÚDA, non é un día para felicitarnos. É un día para conmemorar que deixaron que se queimaran 100 mulleres vivas dentro dunha fábrica porque alí estaban en folga, loitando polos seus dereitos.

Tamén quero recordar algo máis que tod@s sabemos ou segundo que penso deberíamos saber, e é que esta loita non acabou. Claro que conseguimos moito a día de hoxe en comparación con onte pero non so en países que nos sonan exóticos a muller non goza das mesmas oportunidades que o home. Non! Aquí mesmo onde vives ti, e sen ir máis lonxe ti mesma non gozas das mesmas oportunidades ca un home e tes desvantaxes por ser muller: mulleres que ganan moito menos que os seus compañeiros, mulleres que non poden acceder aos mesmos postos que os homes, mulleres que son despedidas por estar embarazadas. E hai máis: mulleres que sofren violencia obstétrica, a infantilización das embarazadas e nais, a maldita conciliación. Mulleres que son maltradadas e matadas polas súas parellas e exparellas, iso pasa mesmo no baixo da miña casa. Homes parlamentarios europeos que poden dicir que a muller é menos intelixente que o home sen ser expulsados de inmediato do seu posto.

Todo iso e saber por min mesma, que como di a productora de peliculas de animación, ganadora dun Goya e un Mestre Mateo pola súa última produción Chelo Loureiro, que as mulleres temos que traballar o dobre para conseguir a metade cós homes, me pon infinítamente triste.

Que máis podo dicir/escribir? Señoras! Arriba as armas, a levantalo cú da cadeira e á saír á rúa! Cunha flor no pelo, co bebé atado á cadeira e cunha canción nos beizos. A loitar para que as nosas fillas o teñan mellor ca nos porque iso fará que os nosos fillos e o noso planeta vivan mellor tamén.

A revolución será feminina! Estou segura!

Moitas grazas por ler, comentar e compartir.

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
1Comentario
  • Nuria
    Publicado ás 20:29h, 08 Marzo Responder

    Eu tamén estou segura!!!
    Forza compañeiras.

Publicar un comentario