O preescolar de My Two Hands – Máns agarimosas e respetuosas

O preescolar de My Two Hands – Máns agarimosas e respetuosas

Mañá, 1 de marzo, abre o prazo para solicitar praza para os nos@s MIÚD@S en centros públicos e concertados. De tódolos xeitos pode que polo que sexa precisemos buscar unha alternativa: quizais porque entre as opcións ofertadas non atopemos o que queremos para @s nos@s fill@s ou porque simplemente nos quedemos sen praza. Por iso e porque nos parece un sitio moi interesante e necesario, queremos presentarvos o preescolar de My Two Hands.

Preocupámonos moito por ter un embarazo e un parto respetados (e aínda falta moito por conesguir!) pero cando se trata das garderías, coles e demáis sitios, onde deixamos @s nos@s MIÚD@S mentres traballamos, paréceme que queda todo por facer. Aínda que xa empeza a haber movementos. Hai sitios tanto privados como públicos que fan as cousas diferentes. E en Facebook creouse hai pouco por exemplo un grupo no que nais comparten as súas experiencias sobre diferentes centros da zona, Coles de Compostela e arredores (é un grupo pechado e se che interesa pide paso!). Espero que pronto pidamos con tódalas nosas forzas que tamén as institucións adicadas ao coidado das crianzas se actualicen, igual que llo pedimos aos pediatras, matronas, xinecólog@s, hospitais e centros de saúde, porque teñen unha influencia moi grande no desenvolvemento da xente MIÚDA.

Para min os sitios os fai a xente e María Xosé, Lyndsay e Nikki son como eu quero que sexa unha casa para nenas e nenos. É curioso, hai xente que ten un don para estar c@s máis pequen@s. Eles en My Two Hands son tratat@s con respeto, como persoas (e non coma “nen@s”, sona raro dicilo así, pero seguro que sabedes a que me refiro). As crianzas son parte de My Two Hands tanto como Nikki, Lyndsay ou María Xosé. Poden xogar ao que lles apetezca e participan nas moitas actividades ou non, no caso de ter outra cousa máis importante que facer. O periodo de adaptación en My Two Hands realmente pódese chamar así (non como en moitos outros sitios) e dura o que sexa preciso. María Xosé ten criterio e experiencia dabondo para saber como acompañar o proceso e determinar a duración do mesmo. Tamén me resulta moi atractivo que My Two Hands sexa un lugar levado por dúas nais, que estea inspirado en Montessori e Waldorf, que teña unhas instalacións grandes e moi feitas e que se atope en Santiago mesmo.

Todo isto é o que máis me gusta a min, pero para que dispoñades dunha visión máis ampla sobre o luminoso centro para MIÚD@S entre 2 e 6 pregunteilles tamén ás nais e aos pais das crianzas que están xogando alí tódolos días. Algunhas me din que o que lles gusta son as instalacións e que teñan a posibilidade de xogar ao aire libre, outras están encantadas con que aprendan inglés por enriba de todo o bo, xa que é o idioma que se fala maioritariamente en My Two Hands. Tamén destacan que deixar ás crianzas en My Two Hands é como deixalas en casa da madriña e que nos campamentos poden estar alí @s irmáns maiores e por se fora pouco incluso hainas que animan á directiva a que monten un CEIP, porque fan falla moitos máis lugares coma este. No que básicamente coinciden todas é en que aquí hai respeto e amor e que o trato é moi familiar. Para elas é de suma importancia que aquí @s MIÚD@S poden xogar e desenvolver as súas capacidades individuais xa que My Two Hands se adapta ao rítmo de cada MIÚD@ e que o equipo humano é moi profesional e fai o seu traballo con convicción e ilusión.

Se a vosa opción xa de entrada é a alternativa ou se precisades esa alternativa pola razón que sexa, non o dubidedes: O centro preescolar de My Two Hands.

 

Nome: Centro preescolar de “My Two Hands: Creative Language Learning” – English Immersion Center
Ubicación: R/ Alejandro Pérez Lugín, 7 – 15702 Compostela (moi preto do Corte Inglés)
Idade: 2 a 6
Horario: 8:00 a 16:00h.
Contacto: 981 067 578/633 302 773 www.my2hands.academy
Pedagoxía: propia (inspirada en Montessori e Waldorf)

 

Moitas grazas por ler, comentar e compartir e especialmente ás nais que axudaron a describir o preescolar de My Two Hands!

 

 

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Sen comentarios

Publicar un comentario