BUSCAS COLE?

BUSCAS COLE?

O cole comeza en setembro, pero a cabeciña de moitas familias bota fume estes días, buscando información para decidir a que cole van ir os seus miúd@s, xa que o prazo para presentar as solicitudes de admisión achégase (do 1 ao 20 de marzo, ambos os dous inclusive).

A escolarización é obrigatoria aos 6 anos, así que hai tamén outras opcións nas que podes pensar se @ teu miúd@ ainda non os ten, ou incluso non escolarizar

Se coma min eres de EXB, botarlle un ollo a esta guía, tamén te pode servir de axuda.

Pero non é so buscar e decidir o noso cole ideal, é que igual non nos corresponde por zona, ou non temos os puntos suficientes para ter aceso a el…ah! e que hai puntos? pois si… e un sorteo de letra? pois tamén…total, que dende a Compostela Miúda queremos axudarvos recolléndo neste artigo información ao respecto.

Queres saber qué coles hai en Compostela? pois neste listado podedes ver dende as Escolas Infantís ata os Centros de Educación Infantil e Primaria como Institutos de Ensino Secundario que temos en Compostela. O enlace é á web do Concello e non está moi actualizado, xa que hai centros que pecharon e xa non están, e outros novos que abriron e non aparecen, pero pode darnos unha idea das escolas infantís e CEIP que temos.

A ORDE do 12 de marzo de 2013 é a normativa básica que regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O mércores 1 de febreiro de 2017 publicouse no DOGA a Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 que podes consultar aquí.

Se nun cole hai menos solicitudes de admisión que prazas, entran tod@s @s miúd@s que fixeran a solicitude. Cando hai máis solicitudes que prazas hai que presentar a documentación requerida e baremar.

O número de alumnado por aula (máximos de: 25 alumnos/as no 2º ciclo de educación infantil, 30 en Educación secundaria obrigatoria e 33 en Bacharelato), pode ser unha información de interese á hora de escoller cole, podendo ter unha atención máis individualizada aqueles coles con menor ratio profesorado/alumnado.

Por que e cantos puntos podemos ter? pois puntúanse as seguintes cousas:

  • a) existencia de irmás/áns matriculadas/os no centro (8puntos, 2puntos máis polos irmáns seguintes)
  • b) nai, pai, titora ou titor que traballe no centro (3 puntos)
  • c) proximidade do centro ao domicilio familiar (6 puntos área de influencia do centro e 3 puntos área limítrofe) ou ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es (4 puntos área de influencia do centro e 2 puntos área limítrofe).
  • d) renda anual per cápita da unidade familiar (máximo 3 puntos)
  • e) condición de familia numerosa (3 ou 2 puntos)
  • f) condición de familia monoparental (2 puntos)
  • g) concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en nai, pai, titora, titor, irmá ou irmán do alumnado (entre 4 e 1 puntos)
  • h) criterios establecidos por cada centro educativo consistentes noutras circunstancias relevantes e xustificadas, de acordo con criterios obxectivos, que deberán ser publicados coa necesaria antelación ao inicio do proceso de admisión (1 punto).

 

E que cole nos toca por zona? poi se queres fecerte unha idea do cole que che corresponde por zona, consulta este listado aquí. En canto teñamos aceso a un máis actualizado xa o poñemos. A área de influencia dun centro é o conxunto de todas as direccións catastrais nas que se obtén a máxima puntuación polo criterio de proximidade do domicilio familiar ou do lugar de traballo das/os nais/pais ou representantes legais.

En relación á solicitude: soamente hai que presentar unha solicitude no cole que poñas en primeiro lugar. Se presentas varias solicitudes perderas os dereitos que che correspondan…así que ollo con esto. Unha soa solicitude no cole que escollas como 1ª opción.

O impreso será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e poderá descargarse da páxina web da consellería.
Queres máis información sobre os coles, cando fan a xornada de portas abertas? Pois sigue lendo…
  • Esta é a web da escuela activa de primaria Trisquel Compostela International School.
  • Esta é a web do CEIP Apóstolo Santiago e da ANPA.
  • Colexio Divino Maestro (web): hoxe (26/01/2017) publicouse un artigo en La Voz de Galicia sobre o cole que podes ler aquí.
  • Esta é a web do CEIP Lamas de Abade
  • Esta é a web do CEIP Mestre Rodríguez Xixirei.
  • Esta é a web do CEIP Pío XII e da ANPA.
  • Esta é a web do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios e da ANPA
  • Esta é a web do CEIP Raíña Fabiola.
    • ten xornada de portas abertas o xoves 9 de marzo ás 17:00h.
  • Esta é a web do CEIP Ramón Cabanillas.
  • Esta é a web do CEIP de Vite e o facebook:
Este é un artigo en construción…que che parece se nos comentas a túa opinión, ou as túas dúbidas…e entre todos/as mantemos actualizado este artigo? Poi eso, comenta aquí, ou no Facebook, ou envíanos un mail a ola@compostelamiuda.com
E ti…buscas cole? 🙂

 

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
6 Comentarios
  • Emma Colquhoun
    Publicado ás 21:20h, 14 Febreiro Responder

    Moitas gracias pola valiosa información!

    • compostelamiuda
      Publicado ás 10:17h, 17 Febreiro Responder

      Alegrámonos de que vos sirva! 🙂

  • Emma Colquhoun
    Publicado ás 00:09h, 04 Marzo Responder

    O CEIP de Vite vai ter unha nova xornada de portas abertas:
    Unha nova xornada de portas abertas en grupo o vindeiro 7 de marzo ás 18:30 para todos aqueles que queiran solicitar praza no CEIP de Vite. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvite1/node/271

  • Emma Colquhoun
    Publicado ás 00:12h, 04 Marzo Responder

    E o CEIP Apostolo tamén teñen Do 1 ao 20 de marzo podes matricularte no noso cole!!

    Para coñecelo só tes que achegarte ás PORTAS ABERTAS o martes pola tarde ou concertar cita para outro momento no 981543172.

    Calquera dúbida que teñades, na Anpa estamos á vosa disposición (anpa.apostolo@gmail.com)
    Info do facebook da ANPA

  • Emma Colquhoun
    Publicado ás 00:17h, 04 Marzo Responder

    E no Lopez Ferreiro Lembramos que as xornadas de portas abertas do noso centro serán o martes 7 de marzo ás 17:30h e o venres 10 de marzo ás 10:30h.

    info da súa web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplopezferreiro/

  • compostelamiuda
    Publicado ás 10:03h, 04 Marzo Responder

    Grazas Emma! 🙂

Publicar un comentario