Propósitos do novo ano. Feliz 2017!!!

Propósitos do novo ano. Feliz 2017!!!

FELIZ ANO 2017!!!

Levo un par de anos (igual algún máis, dende que fun nai ou así), que no primeiro día do ano fago un listado de cousas que me gustaría facer o ano que comeza. E fágoo en plan positivo, ca firme crenza de que as vou facer, que as vou acadar, que se van realizar…que van SER. Que pasarán dos meus desexos á miña realidade.

Creo que o fago dende que son nai, porque agora teño ainda máis sensación de caos na miña vida. Dun caos sonoro, cheo de risas e choros e desorden, e xoguetes, e sentir que non teño tempo para nada, nin para comer tranquila nin…para mexar soa 😉

Este ano quéroos compartir coas persoas que nos seguides, que sodes o motor do noso traballo; ao mesmo tempo que vos desexamos, dende a Compostela Miúda, un ano moi feliz, con moito amor, e no que os vosos desexos tamén se fagan realidade.

Quero que as miñas miúdas sexan libres, de min, dos meus medos, das miñas ansias e espectativas. Sinto que teño como nai unha resposabilidade grande, que ás veces pesa. Pesa. E ás veces asústame. Susto. Quero neste ano estar á altura, ser quen de facelo mellor, de facelo consciente, de facelo respectando. De facelo. Encántame cando rin. Encántame esa felicidade pura, sinxela. Felicidade. Quero velas medrar felices este anos. Medrar.

Quero coidarme, mens sana in corpore sano, así que vou cultivar corpo e mente. Necesito volver: a ler, a camiñar, facer exercicio, meditar. Quero quererme, cun amor egoísta, un amor para min, por min. Amor.

Quero querer á miña parella, con ese amor cambiante, que de parella fixo familia. Querer ainda que todo cambie, ainda que non haxa tempo. Amor. Confianza. Proxecto común.

Quero ser quen de respirar…de pensar no moito que quero as quero antes de berrar, de poder ter calma.

Quero quedar, pasar tardes de risas e xogos, tomar unhas 0,0 coas mamás da Tribo Miúda, quero querer, compartir, estar, con outras mulleres, con outras familias, apoiar e apoiarme. Estar. Sentir. Compartir.

En definitiva…quero saúde e amor.

E vós? Que queredes? Que lle pedides ao 2017?

 

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Sen comentarios

Publicar un comentario