Que quere a nai CM para o 2017?

Que quere a nai CM para o 2017?

 

Eu que non son de propósitos da aninovo, porque non creo nunha data determinada para cambialas cousas e si en intentalo tódolos días una e outra vez (logrando, fracasando, chorando e volvendo ao traballo) me vexo escribindo una artigo de bos propósitos no fin de ano…

O que ten de bo é que este artigo realmente vos vale para tódolos días e o podedes ampliar ou reducir como queirades. Só son ideas.

Neste ano 2017, que está a agardar o disparo de saída, a nai CM (a nai Compostela MIÚDA ou o que é o mesmo a nai que Chista Moito) creo que intentará…
durmir máis,
ter máis tempo para ler,
facer tódolos días unha acción por moi pequena que sexa a prol da visibilidade das nais e d@s MIÚD@S e das familias en xeral,
explicar a súa maneira de criar en vez de lanzar miradas letales,
crecer como persoa para dar bo exemplo @s MIÚD@S,
seguir tratando de facer deste mundo un lugar un pouco mellor,
tratar de gozar máis d@ súa/seu fill@,
estar menos agobiada polos problemas xerais,
velas cousas con máis humor,
ir a clases de ioga,
deixarlle máis liberdade @s súas/seu fill@s,
coidarse (e iso quizais sexa o máis importante e o máis difícil para unha nai),
aprender a delegar n@s demáis para non facelo todo ela,
ler cousas escritas para e por mulleres para coñecerse mellor,
saber recoñecer e apreciar a súa creatividade,
aprender a aceptar axuda e agasallos simplemente dando as grazas,
cociñar máis por gusto,
comer máis sano e sabroso,
consumir menos e máis conscientemente,
andar menos no móbil e pasear máis polo bosque ao lado do mar,
tomarse 5 minutos cada noite para pensar nos logros do día,
non ser tan dura consigo mesma,
ter máis tempo para ela mesma e…
…confiar, confiar en si mesma, na súa familia e neste mundo no que vivimos…

Moitas grazas por ler, comentar e compartir!

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Sen comentarios

Publicar un comentario