Bo Nadal

Bo Nadal

 

Noiteboa xa foi onte. Como pasa o tempo! A medida de que avellentamos cada vez máis rápido, ou iso me parece a min. Pero ao tema, que eu me vou por outros derroteiros nun plis: é Nadal e pensei que habería que escribir algo navideño, non? Pero o que?

Sobre os agasallos? A min paréceme moi importante a regla esa dos 4 agasallos: 1º algo de roupa ou calzado, 2º algo que realmente precisa (non é fácil, xa o temos todo!), 3º algo para ler e 4º esa cousa que tanta ilusión lle fai. Pero este tema xa está de sobra tratado en artigos e videos que dan voltas polo facebook.

Logo podería escribir sobre as diferencias de opinión en familia (tamén as chaman broncas) respeto aos agasallos, a maneira de criar, a comida, os azúcares, bicos etc. A lista de obxectos de disputa pode ser asombrosamente longa. Aínda que imaxino que xa será un tema de moita sona despois das festas. Viremos cargadiñas de historias e anécdotas simpáticas (si, é sarcasmo).

Tampouco podo parar de pensar nas mulleres de Galicia que non vivirán máis Nadais porque morreron a mans de homes que as crían a súa pertenencia. E pensei en Berlín e pensei en Siria e nos refuxiados… e así veume a idea que non é nada nova e que se repite nestas festas sempre, pero que non está demáis recordar as veces que sexa, porque unha cousa é saberse a teoría e outra moi diferente sentila no corazón e traducila en acción.

O Nadal é a festa que simboliza a victoria da luz. É a festa do solsticio de inverno. A partir de agora os días cada vez serán máis longos, haberá máis horas de luz e nos iremos achegando, a parte de á primavera que aínda queda algo lonxe, ao nacemento dun ano novo, cheo de esperanza e posibilidades. Aproveitemos esa festa para o que se fixo: para celebrar o amor e a esperanza! O abeto verde é o que a representa! A arbore de Nadal. Claro que en Alemaña (de onde ven a costume da árbore de Nadal) onde en inverno todo se volve amarelo e gris e a neve é a salvación xa que esconde toda esa tristura, ten bastante máis sentido que aquí onde todo está marabillosamente verde. Pero tamén aquí en inverno temos ganas de recollernos, baixamos o rítmo (deberíamos) e quedamos máis a gusto nas casas. Apetécenos estar cunha manta no sofá contemplando a luz dunha vela. Aproveitemos esta enerxía pausada e amable. Contaxiemos (sempre que poidamos aínda que sexa so por un instante) os demáis desa enerxía. Repartamos abrazos en vez de miradas xuiciosas, sorrisos en vez de mil agasallos, palabras amables e sinxelas en vez das discusións habituais.
Unídevos! Fagamos da festa do amor e da esperanza unha festa de amor e esperanza e non unha manifestación do consumismo, do estrés e do exceso de comida.

Neste sentido desexámosvos dende a Compostela MIÚDA un bo Nadal e unhas felices festas de verdade!

Moitas grazas por ler, comentar e compartir!

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Sen comentarios

Publicar un comentario