1 ano

1 ano

1 ano.
Que se di pronto.
1 ano de irnos coñecendo, de seguir adiante, de aprender, de cambiar as nosas espectativas continuamente, de non parar, de ir corre que corre detrás da nosa Compostela MIÚDA porque ela era a que máis rapidamente avanzaba.
1 ano de ilusión por ternos coñecido, por complementarnos tan ben, por seguir adiante a pesar de todo, por ver froitos, pequenos pero froitos e por atrevernos sempre.
1 ano de moito traballo en cada minuto libre e por temporadas incluso ata as 3 da mañá.
1 ano tamén para saber organizarse, planificar o día e o mes dunha nai traballadora de maneira realista.
1 ano convosco querid@s seguidor@s.
1 ano coñecéndovos.
1 ano no que nos agasallades cada día de novo a vosa confianza, os vosos comentarios, a vosa participación. Grazas!
1 ano con xente marabillosa, profesionais de gran calidade e aprender, aprender, aprender, aprender.
1 ano de moitísimas ideas.
1 ano para saber todo sobre as redes sociais, desfacendo mitos, coñecendo funcionamentos complexos de órganos moi adentro do facebook (que medo!).
1 ano de creatividade a tope.
1 ano reivindicando o que nos importa.
1 ano difundindo xeitos diferentes de vivir e criar.
1 ano ao voso carón, 1 ano coa Compostela MIÚDA.
1 ano e ganas de moitos máis!

Moitas grazas por ler, comentar e compartir!

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
2 Comentarios
  • mariña
    Publicado ás 10:12h, 17 Novembro Responder

    Moitos parabéns por un traballo tan excelente.
    Sodes fonte de inpiración, de información e de apoio para moitas familias e contribuides a que o mundo sexa un pouquiño mellor. Raquel e Helen, podedes estar ben orgullosas do que facedes.
    E como din na miña casa, de hoxe nun ano!

  • Sonia
    Publicado ás 14:00h, 17 Novembro Responder

    Parabens mozas!! Facedes un traballo estupendo!!

Publicar un comentario