
28 Out O xogo de pintar – entrevista con Patricia Rivera e Elena Cristobal -1ª parte: Arno Stern
Chego á entrevista con Patricia e Elena unha mañá dun sábado chuvioso de outubro. A entrevista ten lugar en ECO, a escola de arte de Elena e alí entre papeis, pinceis, lenzos, unha parede de pladur, cadeiras mesas, batas, e demáis material que un lle atopa unha razón de estar nunha escola de arte empezamos a falar e se crea unha enerxía moi bonita entre nolas tres.
Quero empezar falando do esquecemento. Hai tantas cousas que esquecemos nalgún momento da nosa infancia e tamén nalgún momento da nosa historia como especie… Especialmente entre os anos 50 e 70 esquecimos ou mellor dito empurramos ao olvido certas cousas para darlle valor a descubrimentos centíficos ou mellor dito crencias que ao final non resultaron ser tan certas como se cría. Hoxe sabemos que afirmacións como por exemplo a de que o bebé cando nace non é capaz de sentir nin de recordar o que lle pasa ou que o leite artificial é mellor que o leite materno ou que unha césarea é preferible a un parto váxinal non son correctas. Son parte dese esquecemento, parte de deixar de confiar na natureza e por conseguinte en nos mesm@s. E tamén pasa por e sustituir ese saber por un científico en vez de complementalos dous.
E alí ten comezo a historia que fai que neste outono temos a sorte de contar con dous obradoiros do Xogo de Pintar en Santiago. Patricia deuse conta que o seu fillo maior non debuxaba e estrañouna, xa que recordaba que ela cando era pequena si pintaba e debuxaba moitísimo nos días de chuvia que non eran para sáir, lonxe dos ollos dos adultos que andaban moi ocupados cos quefaceres cotidiáns. Investigando razóns deu con Arno Stern e o seu descubrimento marabilloso.
Se se deixara, que @s nen@s se expresaran enriba do papel sen interferir na súa pintura tod@s collerían o mesmo camiño. Primeiro debuxarán circulos torbellinos e puntos… Moitas veces. Si! É normal. @s MIÚD@S encántalles repetir. Estos torbellinos convertiránse pouco a pouco en círculos e gotas e os puntos en liñas. Cando Patricia e Elena me amosaron algún dos debuxos recoñecínos da miña infancia.
Que pasa? Moitas veces non deixamos que isto ocorra n@s MIÚD@S.
Sónanvos as frases: Oh que bonito, que é? A chimenea non se pon así ponse asá. Este debuxo fixéchelo moi ben. Ímolo colgar aquí. Gústalle moito a mami. Estas frases interfiren e son a razón pola que debuxando non imos polo camiño natural e o comezo do que nos pasa a moitos: que empezamos a decir nalgún momentos da nosa vida Non sei debuxar.
O camiño natural do debuxo que Arno Stern denominou a Formulación so ocorre nun espazo libre de xuizo tanto positivo como negativo. É dicir que habería que evitar esas frases que mencionei antes. A pregunta Que é? a un neno que está na fase do debuxo abstracto é algo a evitar. @ MIÚD@ que debuxa estas liñas caóticas en papel e mesa non pensa en que está debuxando algo. So disfruta inmensamente co feito de estar creando estas liñas enriba do papel. Ca pregunta Que é? sacámolo deste mundo incríble.
Continuará…
Moitas grazas por ler, comentar e compartir.
Horarios:
No Colexio Montessori Compostela será os luns de 18 a 19:30 e os xoves de 16 a 17:30 asistido por Patricia Rivera e na ECO Escola de Arte é os martes de 18 a 19:30 e asistirá Olalla Diéguez.
Sen comentarios