“ESCOLA E CONFLITOS” Ciclo de Conferencias sobre Crianza con A de AMOR e T de TRIBO

“ESCOLA E CONFLITOS” Ciclo de Conferencias sobre Crianza con A de AMOR e T de TRIBO

Con A de Amor e T de Tribo AcompañámosTe nas etapas de crear familia

LAURA PERALES: “ESCOLA E CONFLITOS”

Laura Perales
Que?ESCOLA E CONFLITOScharla con LAURA PERALES BERMEJO (Crianza Autorregulada).
Cando? Sábado 17 de setembro 2016 de 10:30 a 14:00h.
Onde?  Espazo NOVENTA, Rúa Romero Donallo nº38, Santiago de Compostela.
A quen vai dirixido? nais, pais, persoas traballadoras do mundo MIÚDO (educadores/as, mestres/as) e demáis persoas interesadas.
Canto custa?  Quen se apunta antes do 7 de setembro terá un desconto de 5€.
Antes do 7 de setembro: 15€ por persoa e 25€ por parella. 
Despois do 7 de setembro: 20€ por persoa e 30€ por parella. 
Se o 7 de setembro non hai un número mínimo de asistentes non poderá realizarse a charla así que inscríbete, comparte e implícate!!! (As entradas non son reembolsables, aínda que si transferibles)
Como me apunto? envíanos un mail a compostelamiuda@gmail.com cos datos (nome e apelidos e DNI) das persoas que se queren inscribir. Enviarémosche un mail de volta co número de conta para facer o ingreso e finalizar así a matrícula na charla.
Esta será xa a terceira charla que Compostela Miúda organiza con Laura Perales e como tiñamos previsto, xa que as outras charlas centráronse máis nos miúd@s máis miúd@s, de 0 a 3 anos, esta charla está centrada na infancia, a partir dos 3 anos. O tema é sen dúbida ben interesante e fonte de preocupación para tod@s: ESCOLA E CONFLITOS. Agora en setembro, tempo de volta ou inicio do cole este tema está se cabe mais candente.
Nesta charla de “Escola e conflitos” Laura Perales falará entre outras cousas:
  • periodo de adaptación escolar. 
  • cousas importantes a ter en conta á hora de escolarizar. É necesario?
  • necesidades d@s miúd@s segundo idade.
  • cueiro e escola. 
  • irmáns/amig@s
  • ratio, modalidade de escola e outros factores.
  • apego e posibles cambios no mesmo.
  • como acompañar. Ferramentas.
  • que fago cando o meu fill@ pega a outr@s nen@s ou a si mism@.
  • que fago cando o meu fill@ non se defende.
  • acoso escolar.       
Interesante, verdade? e que en cada etapa do desenvolvemento as necesidades d@s miúd@s son diferentes e precisamos continuar aprendendo e reflexionando sobre moitas destas cousas, para poder mudar o noso xeito de actuar con eles/as.

Laura é un referente na psicoloxía a nivel nacional. É mamá, psicóloga infantil especializada en prevención, psicóloga perinatal e psicóloga reichiana para adultos. É presidenta da Plataforma pola Crianza con Respeto.
O enfoque de Laura engloba a Psicoloxía Reichiana (paradigma elaborado por Wilhelm Reich,
impulsor da sexoloxía científica, a medicina psicosomática, a
psicoterapia corporal, a prevención psicosocial da neurosis dende a
primeira infancia e a ecoloxía humana), a Teoría do Apego e a Psicoloxía Humanista
Laura considera que o seu traballo é a comprensión da necesidade de cambio no trato á infancia para cambiar o mundo.

Grazas por ler, compartir e participar!

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Sen comentarios

Publicar un comentario