O Espazo NOVENTA

O Espazo NOVENTA

Espazo NOVENTA é acolledor, versátil, fresco, luminoso, apetecible, sedutor, adaptable, fermoso, cambiante, chusco, dinámico, aberto, diáfano e para ti!

Espazo NOVENTA é para todas e todos, para tecedor@s, para @s que buscan e @s que ofertan, para @s grandes e @s pequen@s, para actores e actrices, para nais e pais, para familias, para dentistas, para @s que cumpren anos e para @s que non, para @s que se coidan, para floristas, para orgullos@s, para artistas, para faladores e faladoras, expert@s, masaxistas, entendid@s, cociñeiros, contador@s, fotógraf@s e máis que nada para ti!

Espazo NOVENTA é para escoitar, celebrar, comprar, aprender, calcetar, arranxar, almorzar, maquillar, xogar, fotografar, argumentar, compartir, crear, cambiar, disfrazar, cociñar, bailar, encadernar, para rir e chorar e máis que nada para ti.

Espazo NOVENTA ten un sitio para chuches, cámaras, cousas picantes, ordenadores, garzas de papel, flores, fío e agullas, la, para tinta e pinceis, nubes, trapiños, bufandas e gorros, sushi, máscaras, barras de labios, tortas, cadernos e máis que nada para ti!

Espazo NOVENTA son 90 metros cadrados que dan paredes e un teito ao que che saia do corazón. Deixa que a túa imaxinación voe!

Nos, @s da Compostela MIÚDA estivemos moi a gusto.
Moitas grazas de corazón!

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Sen comentarios

Publicar un comentario