Compostela MIÚDA recomenda: Embarazadas Galicia

Compostela MIÚDA recomenda: Embarazadas Galicia

Eu, no meu embarazo sufría de insomnio, causado por un lado polo síndrome das pernas inquietas e polo outro por ansiedade. Si, ansiedade. Meteuseme na cabeza que tiña que arranxar toda a miña vida antes do parto. E a miña ansiedade aumentaba cada día porque claro, non daba feito o que me propuxera. Todo o contrario! Escapábaseme todo cada vez máis! Cousa normal polos cambios tanto físicos como psíquicos que se producen nunha muller no embarazo. O mellor que se pode facer é deixarse ir en vez de tratar de agarralo todo como perlas que caen dun colar roto. En fin. E iso o que pasa. Adéntraste cada vez máis en terra descoñecida e as veces sínteste moi soa en tódolos sentidos. Que sorte que tiven a Embarazadas Galicia. Non me acordo moi ben quen me recomendara este grupo (porque daquela era “so” un grupo en facebook), pero si que recordo ben a primeira vez que escribín unha consulta. Eran, eu que sei, as tres ou catro da mañá e eu estaba desperta como de costume, pero tamén agobiada. Iso non me pasaba tan a miúdo, recordo unha manchea de veces e non era nada agradable. Desesperada preguntei que podía facer nas Embarazadas Galicia e tiven unha contestación aos 3 minutos. Creo recordar que chorei de alegría e emoción por sentirme comprendida e acompañada. Pois isto para min é Embarazadas Galicia. Atopar información ou solicitala, sentirse comprendida, acompañada e axudada ou comprender, acompañar e axudar, compartir medos, inseguridades e experiencias tanto do embarazo como do que pode haber antes e do que ven despois. E por suposto non pode faltar botarse unhas risas ou lágrimas… para iso está Embarazadas Galicia. Para sentirse parte dunha comunidade xenerosa e moi especial ca súa creadora María Porto e a colaboradora Eva Llorca na cabeza.
A verdade é que foi e é un luxo ter a María na rede disposta a botar unha man en calquera situación que se presente. Ela sempre ten algunha palabra, algunha idea, consello, información e se non seguro que sabe quen pode axudar e por enrriba cho presenta. E creo que para as embarazadas e as xa mamás e fantástico ter un lugar onde acodir con dúbidas ou simplemente para ir pasando as entradas verse reflexadas, necesitadas ou informadas. 
Dende Compostela MIÚDA recomendámosvos que formedes parte desta tribo se para vos -e cito a Embarazadas Galicia– embarazo e parto son algo tan natural como comer e respirar. 
Podedes pedir entrar no grupo cerrado de facebook: Grupo de Embarazdas Galiciahttps://www.facebook.com/groups/embarazadasgalicia
Ou podedes seguilas na súa fanpage: https://www.facebook.com/embarazadasgalicia
ou no seu blog: http://www.embarazadasgalicia.blogspot.com.es

Moitas grazas por ler, comentar e compartir!

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Sen comentarios

Publicar un comentario