A LOBA tense que ver tamén en Santiago!!!

A LOBA tense que ver tamén en Santiago!!!

Estamos moi orgullosas de poder recomendar un poxecto así…

Todas xa estades enteradas de que o domingo 21 de febreiro ás 11:30h se vai poder ver LOBA na sala NUMAX de Santiago de Compostela se se xuntan persoas suficientes como para poder proxectala. A plataforma na que podedes mercar a vosa entrada xa e na que se teñen que reunir 60 persoas ca entrada mercada para que a película se proxecte chámase screenly. Faltan moi poucos días (o sábado 13 é o día no que ten que haber as 60 entradas vendidas) nos que se ten que chegar a ese número.
Cremos que é moi importante que se vexa a LOBA tamén en Santiago! …e ti podes facelo posible! Merca a túa entrada e difunde a información entre os teus contactos! So temos esa oportunidade unha vez e hai que facela posible antes do sábado 13!
E si! Podes vir acompañada d@ túa/teu bebé!!!
Para os que aínda non saibades de que vai Loba xuntámosvos a sinopse: 
“¿Es posible parir de forma natural en un mundo tan artificial?” Cada vez más difícil: en el mundo se realizan 20 millones de cesáreas al año, más del doble del 15% recomendado por la OMS. A partir de los testimonios de sus pacientes y de sus amigas parteras, Catherine, curandera y osteópata, nos invita a recorrer Francia, Cataluña, México y Cuba, en un viaje para comprender de una manera íntima cómo se vive el parto hoy en día. Acompañándola, descubriremos por qué y cómo se ha ido evolucionando hacia un parto cada vez más medicalizado. Y por qué la profesión de la comadrona se ve hoy en día tan amenazada.”
Algo que nos parece moi interesante e unha sorte é que ao final da proxección haberá un debate con Catherine Béchard, a directora, en persoa.
A que estás agardando? Nos xa mercamos a nosa entrada en screenly! E vos? Prema aquí e faite ca túa entrada!

Grazas por ler, compartir e difundir!

CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Sen comentarios

Publicar un comentario