Compostela MIÚDA organiza unha charla-obradoiro con LAURA PERALES

Compostela MIÚDA organiza unha charla-obradoiro con LAURA PERALES

Cheguei a esto da crianza pensando que ía facer as cousas dun xeito e estounas facendo doutro, afortunadamente, creo; seguindo o instinto de muller, de nai, lendo, compartindo en tribo, aprendendo… E necesito continuar con este proceso, necesito continuar crecendo.

Se a ti che pasa igual como a min, escollimos a persoa perfecta para que te acompañe, para que che dea novos estímulos, para que che preste a súa axuda, para que che ofreza ferramentas ou outra perspectiva, nos momentos nos que non sabes como seguir ou que facer. Neses momentos nos que che gustaría saír á rúa e gritar ou nos que tranquilamente te preguntas como se podería facer doutro xeito.


Dende Compostela MIÚDA, organizamos unha charla-obradoiro con LAURA PERALES BERMEJO, de Crianza Autorregulada!!!

Laura é un referente na psicoloxía a nivel nacional. É mamá, psicóloga infantil especializada en prevención, psicóloga perinatal e psicóloga reichiana para adultos. É presidenta da Plataforma pola Crianza con Respeto.
O enfoque de Laura engloba a Psicoloxía Reichiana (paradigma elaborado por Wilhelm Reich, impulsor da sexoloxía científica, a medicina psicosomática, a psicoterapia corporal, a prevención psicosocial da neurosis dende a primeira infancia e a ecoloxía humana), a Teoría do Apego e a Psicoloxía Humanista
Laura considera que o seu traballo é a comprensión da necesidade de cambio no trato á infancia para cambiar o mundo.
 
Esta charla-obradoiro vai sobre a COMUNICACIÓN C@S NEN@S. 

Parécenos un tema esencial, unha boa idea de traballar sobre el con Laura, porque a comunicación é moi importante e é imposible non comunicar! Facémolo sen pensar, sempre. Ademáis por suposto que é tamén unha fonte inagotable de queixas dos pais e das nais. Ou non vos oíchedes dicir algunha vez, algunha destas frases: “É que non che me fai caso ningún, por un oído lle entra e polo outro lle sae!” “Se non lle repito as cousas 20 veces non as fai!”
Ou non vos fixéchedes algunha desas preguntas: “E que lle digo cando me pregunte polo sexo? Cigoña? París? Como era o conto?” ou “E como lle digo para que entenda que non se pega, que non pode morder ou bater ou cando non entende que é un bebé!?”

Apuntade as vosas dúbidas e vinde o sábado 20 de febreiro de 11:00 a 14:00hEscola Unitaria na Calzada de San Pedro s/n en Compostela para ter a oportunidade de traballar con Laura a comunicacion c@s vos@s fill@s. 
É unha oportunidade importante porque cambiamos o mundo tódolos días cos nosos actos e podemos facelo para mellor, seguindo as propias verbas de Laura: “debemos adecuarnos a lo que entiende y pretende el niño en la etapa en la que se encuentra y pensar en ellos y no en lo que juzgue la sociedad, ya que tenemos una gran responsabilidad que va más allá de nuestros hijos. Es el cambio necesario en el mundo“.
 
IMPORTANTE:
Recorda que o curso so se fará se se apuntan suficientes participantes antes do 10 de febreiro. Se queres que se leve a cabo esta charla-obradoiro Inscríbe e implícate!
Prezo: 15€ por persoa e 25 por parella antes do 10 de febreiro, despois 20€ persoa e 30€ parella.
Se queres participar escríbenos un e-mail con nomes e apelidos dos que queren participar e che mandaremos o nº de conta para facelo ingreso da matrícula e con iso se completaría a inscripción. Para máis información consulta abaixo na imaxe ou mandanos un correo a compostelamiuda@gmail.com

Grazas por ler, compartir e participar!

 
CompartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter
Sen comentarios

Publicar un comentario